No rouco son da consigna baleira e o texto burocrático, o discurso político de Beiras constituía, en si mesmo, unha transgresión. As súas inimitables paradinhas e silencios, a cita erudita de par do refrán patrimonial; os cambios de ritmo, o crescendo desde a lentitude descritiva inicial deica o estrondo final da lexítima e indignada arenga política... É posible que Beiras concibise os seus mitins como unha sorte de sinfonía, que a música guiase aquela sucesión trenzada de argumentos económicos e teses históricas sempre á marxe do lugar común, cheas de vida pola beleza e a furia coa que eran enunciadas. En todo caso, ese era o efecto que producían as intervencións públicas de Beiras: o de estar asistindo a unha sorte de concerto político.
No rouco son da consigna baleira e o texto burocrático, o discurso político de Beiras constituía, en si mesmo, unha transgresión. As súas inimitables paradinhas e silencios, a cita erudita de par do refrán patrimonial; os cambios de ritmo, o crescendo desde a lentitude descritiva inicial deica o estrondo final da lexítima e indignada arenga política... É posible que Beiras concibise os seus mitins como unha sorte de sinfonía, que a música guiase aquela sucesión trenzada de argumentos económicos e teses históricas sempre á marxe do lugar común, cheas de vida pola beleza e a furia coa que eran enunciadas. En todo caso, ese era o efecto que producían as intervencións públicas de Beiras: o de estar asistindo a unha sorte de concerto político.
Pero era moito máis ca un solista, Beiras, un virtuoso da palabra en directo. Foi tamén un compositor capaz de fundamentar con probas empíricas e base teórica as vellas intuicións que o protonacionalismo galego viña enunciando desde Faraldo cando menos. A máis importante delas era a concepción de Galicia como colonia interior dunha España á que fornece de enerxía, divisas da emigración e man de obra barata, entre outros insumos. O atraso económico da Galiza, publicado en 1972, obraba o milagre da conxunción do vello e do novo. Escrito cunha forza lingüística que sobordaba, con moito, a pobreza de estilo adoita no ensaio económico, o libro ingresaba —da man de Otero, de Sartre, de Lafont—, no repertorio da literatura galega de intervención e dáballe sustento material á vella dialéctica Galicia/España que Murguía sintetizara na fórmula da «doma e castración».
A colonia interior era o novo xeito, científico e estrutural, de denominar a dominación estranxeira. A fría, ás veces invisible, historia económica desprazaba a épica e elitista historia política murguiá. Ou, máis ben, complementábaa, outorgáballe actualidade e presenza inmediata: as probas están aínda hoxe ante os nosos ollos: no espolio eólico, na tentativa vergoñenta de instalar a industria enclave de Altri. Só era preciso chamarlle ás cousas polo seu nome. Facer ver que, no noso caso, os muíños de vento son tamén xigantes.
A esta empresa dedicou Beiras o resto da súa carreira, a curar mediante un proxecto político a súa diagnose dos males da nación. Debía facelo, ademais, a través daquelas institucións concedidas na Transición, que el mesmo alcumara de raquíticas e anémicas, certo, mais sempre en mans do poder metropolitano.
O choque coa realidade electoral do país resultoulle terrible e custoulle unha longa tempada no inferno. A colonia era algo máis ca unha relación económica entre dous países. Era tamén un feito psicolóxico: o auto-odio, a alienación, que explica o desprezo dun pobo por si mesmo e por aqueles que pretenden dignificalo. O amo é sempre outro. Fala na outra lingua e merece rexer as nosas vidas, como leva facendo toda a vida. Memmi e Fanon son os autores dos que se valeu Beiras para explicar esta segunda face da dominación estranxeira e, ao mesmo tempo, as chaves do fracaso electoral do nacionalismo galego que el mesmo experimentara.
A esta loita permaneceu sempre fiel e tratou de artellala por todos os medios posibles. Primeiro liderando o corpo político homoxéneo e disciplinado que compuña a UPG a través do BNG. Unha cohabitación complexa que el resumiu baixo a oposición entre auctoritas e potestas. Máis adiante, e logo de ser desprazado do liderado da fronte, superando o principio de auto-organización e apostando por unha táctica de acumulación de forzas, dun xeito semellante ao concibido por Ferrín e outros na chamada «Posición Soto». En ambos casos, Beiras foi quen de mobilizar forzas e reservas de dignidade descoñecidas neste pobo, forzas que el asentaba na tradición de ruptura que supuxeron os irmandiños. En ambos casos, Beiras foi derrotado pola colonia interior. O pobo en si que nunca o foi para si. O pobo que votou sempre contra si e que ten un apuro inconfesable en se asimilar. No seu odio a Beiras manifestábase tamén o odio á si mesmo desa parte do noso pobo.
Porén, a súa lección permanece intacta ante nós: só mediante a soberanía derrotaremos por fin os xigantes que parecen muíños de vento. Só cando soberanos seremos por fin nós mesmos. Grazas mestre.
Suscríbete para seguir leyendo
| # | Наименование новости | Тональность | Информативность | Дата публикации |
|---|---|---|---|---|
| 1 | A entroideira perversión gore do tradicional tempo galego de Santos, Defuntos e Magostos | 0 | 6.86 | 23-10-2026 |
| 2 | Colau, la herencia maldita de la vivienda en Barcelona | 0 | 5.74 | 19-10-2026 |
| 3 | Uno de los nuestros | 0 | 6.69 | 18-10-2026 |
| 4 | Podemos culpa al Gobierno del auge del PP y Vox por «no hacer nada de izquierdas» | 0 | 7.01 | 20-10-2026 |
| 5 | Eso no pasaba | 0 | 8.75 | 20-10-2026 |
| 6 | Fonseca Moretón, o latido dun país que se escribe en soños | 0 | 6.16 | 24-10-2026 |
| 7 | Disturbios y cargas policiales en A Coruña contra los manifestantes que protestaban ante un acto de Abascal | 0 | 5.48 | 21-10-2026 |
| 8 | МИД Бразилии: расширение БРИКС не следует рассматривать в логике холодной войны | 0 | 0 | 14-09-2023 |
| 9 | Κυβέρνηση: Πυρά στην αντιπολίτευση με όχημα την οικονομία | -3 | 6 | 13-07-2026 |