Вход на сайт

Просмотр новости

Найдите то, что Вас интересует

A entroideira perversión gore do tradicional tempo galego de Santos, Defuntos e Magostos

Дата публикации: 23-10-2026 04:00:46

Sempre imitando aos máis fortes, aos que imperan, como fan os nenos, os pobos inmaturos, en vez de facer valer o seu, en crear e re-crear sobre os seus produtos xerando economía. Sabendo que a universalidade está construída de unidades na diversidade. Pois velaí que o Samaín gaélico e mais o Halloween americano son implantacións moi recentes, coincidentes en Galiza con ritos tamén de herdo celta e romano en relación coa entrada no tempo escuro e coa morte, novembro. Celebracións que un desaforado consumo converterá en perversións entroideiras temáticas, arredor da tortura, do crime e da morte. Algo que nunca superará a crueldade vivida e televisada nestes mesmos tempos. Ruín contribución á educación. Depravacións que se queren facer tradicionais e que tamén invaden as fogueiras botellonizadas nas praias na noite do San Xoán, cando faltan das campas se fan solares.

Основное содержимое страницы с новостью.

Sempre imitando aos máis fortes, aos que imperan, como fan os nenos, os pobos inmaturos, en vez de facer valer o seu, en crear e re-crear sobre os seus produtos xerando economía. Sabendo que a universalidade está construída de unidades na diversidade. Pois velaí que o Samaín gaélico e mais o Halloween americano son implantacións moi recentes, coincidentes en Galiza con ritos tamén de herdo celta e romano en relación coa entrada no tempo escuro e coa morte, novembro. Celebracións que un desaforado consumo converterá en perversións entroideiras temáticas, arredor da tortura, do crime e da morte. Algo que nunca superará a crueldade vivida e televisada nestes mesmos tempos. Ruín contribución á educación. Depravacións que se queren facer tradicionais e que tamén invaden as fogueiras botellonizadas nas praias na noite do San Xoán, cando faltan das campas se fan solares.

Dende o Neolítico os seres humanos aprenderon a esconxurar a morte coa ansia de renacer, creando ritos e mitos de iniciación, de pasaxe, os que mudarán co devalar do tempo. Asuntos que garanten a vida de tantas relixións. Cambios agora máis visibles co imperio da sociedade de consumo, dos medios de comunicación, os que trastornarán o vagaroso ritmo da transmisión das tradicións, perverténdoas e uniformándoas na globalización.

Morte nenas e colar de castañas.

Morte nenas e colar de castañas. / Picasa

Poisvelaí un novo entroido americanizado co nome de Halloween ( do inglés All Hallows' Eve=véspera de Santos) e detrás unha longa historia que tamén lle toca a Galiza, o país das benditas ánimas, a que presume de herdos célticos, prerromanos, tan de raiceira oriental: onde os mortos se fan espíritos buscadores da lux perpetua polos galácticos vieiros do cosmos. Tempo pois de festa e feira que tamén axuda a desestacionalizar. Mentres que Samaín ou Samhaín (de San-Fuín= encontro do tempo soleado) é verba do gaélico antigo que significa festa, recuperada pola ansia independentista dos románticos irlandeses. Encontro que o mundo anglosaxón, especialmente en América do Norte, Estado Unidos e Canada se bautiza como o devandito Halloween, con celebradas horas na noite que une outubro con novembro. Mes que en Galiza corresponde co tempo da castañeira, a recollida no souto e dos ourizos as castañas, todo un símbolo, como froto e semente. Primeiro día de grandes feiras, como a de Monterroso ou a de Chaves, abrindo a tempo de Santos, Defuntos e Magostos, cristianizado polo santo cabaleiro Martiño de Tours (sc. IV) que co seu homónimo e paisano o de Dume (Sc. VI) cristianizarán, un a Galia céltica e o outro a Galiza non menos céltica.

Primeiros días de novembro, os da celebrada entrada no tempo escuro

No mundo céltico británico e mais aínda na Irlanda, tan coidadora das súas tradicións célticas e cristiáns, en novembro é cando Dagda—o deus patriarca dos Tuatha de Danann, dos que segunda as lendas ben sabía e cos que se atopa no seu periplo de conquista Breogán de Brigantia— se casa coa deusa das pantasmas, Morrigan, señora das profundidades telúricas, co don da rexeneración, como as sementes, como a árbore, símbolo moi socorrido no panceltismo, na comuñón de nacións célticas. Divindades gaélicas asociadas coa batalla de Mag Tured e as míticas paisaxes irlandesas das ribeiras do río Unius en Connaught, coas Pedras dos casados ( Lige ina Lanonmhou).

Teñen aparecido calendarios prehistóricos en relación co sol e coa lúa, entón co ciclo agrario, como mesmo a Laxe das Rodas (Serres, Muros), o disco de bronce atopado na acrópole do Castro de Chao Samartin ( Grandas de Salime) , o de Nebra, Alemaña.... Aínda que o que nos interesa aquí é o calendario de Coligny (Aín, Francia) atopado no 1897: táboa de bronce moi enaquizada, crebacabezas datada no cambio de era: sesenta verbas en latín que nos remiten a un calendario céltico galo, de sesenta e dous meses lunares... E con mención aos samonios (días de novembro) e velaí de onde o romanticismo céltico toma e reaviva o nome de Samhaín , festas de tres noites en relación cos defuntos . Cesar, na súa Guerra das Galia refírese aos saberes esotéricos dos druídas, cargados de poesía, máis que de exactitude.

Mercado de Halloween

Mercado de Halloween / Picasa

O mestre e amigo Rafael López Loureiro, entrando no fin do segundo milenio, nas terras de Cedeira, retomou o senso de celebración, incidindo nos calacús... e o asunto callou, como non podía ser doutro xeito coas tradición. E o celtismo desbordado acolleu tamén a denominación gaélica, sepultando a de Defuntos e Magostos... de fogueiras, castañas e visitas a cemiterios...

Pois así é que novembro encétase celebrando a Santos e Defuntos. Entón, dende as espadanas dos templos as campás fan dos seus os badalos bagoas a chorar, alternando femininos sons cos grosos masculinos. Días de converxencia da parroquia dos vivos coa dos mortos nos camposantos, a limpar as campas, a darlle vida con lámpadas, flores, verde ...incluso adornadas con cunchas, símbolos de Venus e do renacer. E na noite polos camiños e sobre os valados poranse os calacús baleirados, con vela dentro, a alampear, lembrando ás têtes coupées célticas. Xornadas nas que non faltan na mesa os confitados ósos de santo, como mazapán, quizais tamén unha lembranza a máis antigas antropofaxias, teorías haber hainas.

O panceltismo abre a novembro con fogueiras, cabazas, castañas, noces, abelás e doces...

Festa de Santos e Defuntos que celebra así a entrada no tempo chuviñoso e do letargo, a que a mitoloxía recuperada e avivada polos románticos do panceltismo, asociaba coas celebracións druídicas. Encontros en interacción cos Catro Elementos, fundamentalmente acendendo fogueiras nas campas abertas, co fin de arredar aos espíritos ruíns. Celebracións avivadas e prolongadas polas saturnais romanas, as que corresponden co tempo de Nadal, tamén en conexión cos espíritos, coas sombras da morte, ás que o maxín daba as formas horribles e ás que, para apouvigalas se lle deixaba na mesa doces, castañas. Saturno era representado como señor do tempo, cuberto branco, cargando ao lombo coa simbólica e afiada gadaña . Días para ritos de iniciación vida-morte , esa morte de sombras, de santas compañas, vestidas de branco, de luz, entre silencio, arrecendo a crisantemo, cera e incenso... agora de gadañas, puñais, motoserras, sangue, tripas... dando renda solta ao máis gore, alimento dunha estética gótica, inspirada na arte fúnebre, cunha importante parte culta que tamén sabe expurgar e comedir. Agresivo Halloween que interfire no ritmo da normalidade, na noite, petando nas portas, atrancando as rúas, tentando sementar medo, con retrousos represores da creatividade, o Trato ou truco... sepultando a tradición no panteón da globalización.

Defuntos. Debuxo de F. Senén

Defuntos. Debuxo de F. Senén / Picasa

Días de novembro cando se esconxura o descoñecido, a morte, clamando pola luz que se reflicte nas fogueiras, na vida que renace das sementes, as que garda unha cabaza, como un ovo cósmico, ou unha simple castaña protexida polas espiñas dun ourizo... Elementos cos que adornar a casa, colares de castañas, zonchos ensarillados, antes cocidos en auga, sal e anís, cos que se adornarán os nenos e a casa, conxugando ansias de futuro... Días cargados de simbolismo , como o dos gatos, en relación co máis alá, coa ancestral sabedoría herdada, considerados seres reencarnados, o que ben sabía Vicente Risco... Símbolos con tanto valor poético, artístico, entre rituais de pasaxe, cun valor de uso e nunca como un valor de consumo ao que se reducen hoxe todas estas festas tradicionais, cun forte impacto comercial para gloria do Gran Bazar Chinés. Variado mercado de disfraces tan influídos polos films e os programas de terror, tan arredados do sentir orixinal, tradicional galego, a morte representada por estadeas brancas e de luz, si acaso en Santa Compaña ... nunca de gadaña, iso si, coa luz na man...Nunca os clásico da etnografía galega aplicaron nomes foráneos, nin dos seus irmáns célticos, para suplantar os nomes e os ritos e mitos tradicionais.

Ofrenda en cruceiro de Moldes, Curota.

Ofrenda en cruceiro de Moldes, Curota. / LOC

Hispanoamérica e máis México, nun singular sincretismo, hibridación de herdos e tamén da emigración galega, celebra o Día de Mortos, tendo como escenario elemental os camposantos para banquetes, cores, música... na busca da vida, do fantástico, do sobrenatural, do sedutor misterio...

Suscríbete para seguir leyendo

Схожие новости

#Наименование новостиТональностьИнформативностьДата публикации
1Fonseca Moretón, o latido dun país que se escribe en soños06.1624-10-2026
2A colonia interior06.0821-10-2026
3ВАЖНО‼‼ Если вы МНОГО РАЗ, включая телевизор или проглядывая новости ...05.829-08-2026
4🎃 Ты знаешь, откуда появился Джек Фонарь? За привычной хэллоуинской ...06.4324-10-2026
5How to Watch These 25 Halloween Movies on Disney+ for Summerween Antics07.3125-07-2026
6It’s August, but spooky season is upon us033.417-08-2026
7'Summerween' is here: Why people are buying Halloween merchandise so early06.2521-08-2026
8La secularización no se detiene, pese al repunte religioso entre los jóvenes06.4616-04-2026
9Check out this year’s buzziest Halloween trends.012.9414-10-2026
10Skeletons hang as warnings from pine trees in a chapter headpiece illustration. They are victims of…021.6727-07-2026

Классификация: . Схожих патентов: 0. Схожих новостей: 10. Тональность: 0. Информативность: 6.86. Источник: www.laopinioncoruna.es.