Вход на сайт

Просмотр новости

Найдите то, что Вас интересует

Fonseca Moretón, o latido dun país que se escribe en soños

Дата публикации: 24-10-2026 04:01:24

A cultura galega volve encender a súa memoria no solpor dunha terra que camiña coa certeza de que o mellor idioma é o que se comparte dende a liberdade. A recente celebración da cuadraxésima novena edición dos Premios da Crítica de Galicia na cidade olívica supón un novo fito de convocatoria e excelencia, poñendo de manifesto a vixencia dun proxecto que roza xa medio século de lealdade ininterrompida.

Основное содержимое страницы с новостью.

A cultura galega volve encender a súa memoria no solpor dunha terra que camiña coa certeza de que o mellor idioma é o que se comparte dende a liberdade. A recente celebración da cuadraxésima novena edición dos Premios da Crítica de Galicia na cidade olívica supón un novo fito de convocatoria e excelencia, poñendo de manifesto a vixencia dun proxecto que roza xa medio século de lealdade ininterrompida.

Como máximo expoñente do que pretenden estes galardóns, a figura de José María Fonseca Moretón exemplifica a simbiose perfecta entre a actividade agroindustrial e a adhesión inquebrantable á nosa identidade. No seo da cultura gastronómica, a súa traxectoria vincula a tradición ca vangarda, enraíza no saber popular, na lareira dos contos das avoas, na produción cárnica e láctea, na pesca e na acuicultura, na viticultura e no latexo profundo da terra, fundindo a creación co mecenado das artes. Galicia calidade.

Neste horizonte de excelencia, cómpre destacar a Fonseca Moretón como un verdadeiro polímata polifacético, un espírito inquedo e entregado que destaca pola súa profunda vinculación ás raíces galegas, combinando o seu liderado innovador no sector agroindustrial e vitivinícola —recuperando variedades autóctonas e proxectando a calidade internacional— co impulso ao cartelismo global, a firme implicación co mundo editorial e a súa inquebrantable dedicación á música e á sociabilidade de Galicia, demostrando unha valentía identitaria única.

Como empresario inversor, creador infatigable de riqueza e de emprego, e pola súa profunda participación e responsabilidade coas institucións do pensamento, Fonseca personifica desde o humanismo a achega total á sociedade.

Nesta emocionante convocatoria dos Premios da Crítica cabe felicitar calorosamente a todos os premiados —entre os que destacan Gonzalo Hermo, Antonio Salas Ellacuriaga, Universo Cantigas II, Cabreiros, Abraham Cupeiro, Mar Caldas, Laura Iturralde, Beli Martínez e o proxecto de comunicación do Real Club Celta—. Hai que aplaudir aos organizadores, o presidente Manuel Bragado Rodríguez, as vicepresidentas Malós Cabrera e Inma López Silva, a secretaria Malores Villanueva, e Roberto Pascual Rodríguez e Anxo X. Rajó, cuxo labor infatigable fai posíbel esta inmensa homenaxe á nosa cultura.

Como ocorre cos outros premios, non foi doado no eido da gastronomía cultural para un xurado que tamén valorou a traxectoria e a constancia dos outros dous grandes finalistas: Luis Paadín, unha das figuras máis imprescindibles, respectadas e apaixonadas do panorama vitivinícola e gastronómico, sumiller, técnico en viticultura e enoloxía, formador homólogo de referencia internacional e incansable divulgador; e do Fórum Gastronómico, pola súa incansable e ininterrompida contribución á difusión, debate e vangarda da cultura culinaria.

Coa mirada xa posta no horizonte da quinquaxésima edición, que se celebrará o vindeiro ano no mesmo lugar onde tivo lugar a súa primeira edición, o Hotel Samil, cunha solemne cea de gala, Galicia afianza o seu porvir sen perder a ternura das súas orixes. Facer país dende a raíz significa tamén lembrar a quen nos legou o pulso da creación, demostrando que a nosa voz é o latexo dun pobo que non se rende ao esquecemento. Hai que manter e aprofundar na convivencia e no respecto institucional dos que os premios creados a finais da década dos cincuenta por Bieito Ledo no Centro Ourensán vigués son unha boa testemuña.

Agora xa a gastronomía forma parte indisoluble da cultura, da identidade e da creación artística dun pobo que sabe reunirse en torno á mesa, nas romerías ou nos seus restaurantes e tabernas para expresar o mellor de si mesmo en convivencia plural. Brindemos por elo.

Suscríbete para seguir leyendo

Схожие новости

#Наименование новостиТональностьИнформативностьДата публикации
1A entroideira perversión gore do tradicional tempo galego de Santos, Defuntos e Magostos06.8623-10-2026
2El 'Viento del Norte' sopla tradición y futuro07.5910-06-2026
3Os estudos celtas e o celtismo06.2217-07-2026
4Xosé Mª Rodríguez: «Contar histories al llar yera normal na mio neñez»07.905-12-2025
5Curtis celebra la Feria 1900 que recupera el espíritu de principios del siglo pasado06.1625-07-2026
6Neira Vilas, narrador de la Galicia campesina, migrante y exiliada, protagonizará el Día das Letras Galegas de 20270507-07-2026
7Las Medallas de Galicia ponen el foco este 2026 en las gallegas del exterior: Claudia Álvarez, Carla Angola, Beatriz Gil y Camila Fernández son las galardonadas0520-07-2026
8Inaciu Galán: «A la so manera toles nueses autores fueron feministes»01023-01-2026
9II Foro del Noroeste | El despegue de Asturias, Galicia y Castilla y León06.2519-05-2026
10Un festival fantástico por definición014.3510-07-2026

Классификация: Культура. Схожих патентов: 0. Схожих новостей: 10. Тональность: 0. Информативность: 6.16. Источник: www.laopinioncoruna.es.